Imprima esta página

GALEGO | ¿Qué es yesca?

Yesca é un colectivo que ten como directrices a organización e a loita.

Organización asemblearia, porque cremos que tódolos xoves que sufrimos as agresións producidas polo sistema debemos estar unidos para termos máis forza contra o mecanismo do inimigo opresor, por iso, aínda que é unha organización independente, está encadrada no seu entorno natural que é o movemento castelanista e a loita debe ser contra o sistema capitalista, combinando a formación política coa mobilización e axitación social na rúa.

Polo tanto, en Yesca combatemos contra tódalas trabas e problemáticas que nos impoñen á xuventude. Como pode ser a explotación laboral, que temos que padecer mediante esas ETT’s, cos contratos de formación ou prácticas. Ante a especulación da vivenda na actualidade; que non permite que nos poidamos independizar, dependendo de medias como a ocupación de espazos.

Contra a represión sufrida a diario por tódalas puntas de lanza que o estado español ten para torturar, como son as súas forzas de seguridade (policía, garda civil, exército), ou os seus sicarios sen uniforme como son esas bandas fascistas e neonazis que agriden e ameazan a xoves, por simplemente, seren diferentes. Que loita contra a explotación da muller nunha marcade sociedade patriarcal, dende unha posición de carácter feminista para conseguir nunha sociedade non-sexista.

Por iso, buscamos esa faísca que faga acender as nosas mentes para non caer no apatía e na desidia (que son as mellores armas do sistema actual), os cales son creados na xuventude por determinadas drogas, manexadas e utilizadas polo propio sistema, para volver en contra da xuventude e controlala ó seu antollo.

Yesca ten marcado un ámbito de loita, o cal ven dado polos trazos comúns que teñen as persoas que compoñen un pobo, como pode se-lo idioma, as costumes, o folclore, as tradicións populares, etc. Ademais de ter un diferenzado entorno xeográfico cos pobos lindeiros, o cal é o principal motivo que marca a vida social da xente.

Anque como pobo oprimido que somos, sabemos que a solidariedade debe ser internacionalista e non coñece-las fronteiras, cada cal que loite primeiro no seu pobo polo seu pobo.
Por iso, dende Yesca non loitamos por unha transformación ou por unha reforma do sistema actual, porque é el e as persoas que o manexan as que nos poñen as trabas e as problemáticas á xuventude. Así que cremos que debemos avogar por un cambio de sistema na sociedade, xa que somos revolucionari@s. Pero para conseguilos, tódol@s xoves comprometid@s debemos aportar todo o que estea dentro das nosas posibilidades anque pensemos que non sexa moito, xa que se tod@s coitamos xunt@s, venceremos.

ORGANÍZATE E LOITA!